Uns dos puntos onde a Xunta mellorará a seguridade.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade adxudicou por preto de 230.000 euros as obras de mellora da mobilidade peonil na estrada autonómica PO-315, en Cangas. As obras foron adxudicadas á empresa Construcciones Fechi, S.L.U. e iniciaranse a principios do 2023, xa que o levantamento das actas de ocupación dos terreos expropiados está previsto para o 14 de decembro. Os traballos terán un prazo de execución de catro meses.

O obxecto do contrato

O obxectivo desta intervención é reforzar a seguridade e a comodidade dos usuarios e favorecer unha mobilidade máis sustentable na zona. Os traballos desenvolveranse entre os puntos 10+100 e 10+380 ao seu paso pola parroquia de Aldán e mellorarán os percorridos peonís, con novas beirarrúas accesibles e unha pasarela peonil aparellada a un pontón sobre o río para permitir a continuidade.

Plano na actuación.

Neste tramo incluirase, ademais, a reordenación das interseccións de acceso á praia de San Cibrán, dos pasos de peóns e das paradas de autobús, xunto coa renovación da rede de pluviais e o alumeado.

Nun segundo treito do proxecto, entre os puntos 13+200 e o 13+550, acometeranse tres actuacións puntuais para dar continuidade á beirarrúa actual, na parroquia de Darbo. Para isto, executarase en cada caso un pequeno muro de espigón.

As obras serán financiadas con fondos europeos REACT EU como parte de resposta da Unión Europea á pandemia da covid-19 dentro do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *