Acto de benvida ás mulleres al inicio do curso.

Será impartida polo persoal do Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Vilanova de Arousa, tamén dependente da Xunta de Galicia, e busca fomentar a creación de alternativas laborais para as usuarias

Este venres, o Espazo Emprendedor de Innovación Alimentaria acollerá unha xornada formativa por parte do Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Vilanova de Arousa, que estará dirixida ás usuarias do Programa Integrado de Emprego de Marín.

Será a partir das 10.30 horas e ten por obxectivo a difusión da cultura emprendedora, co fi n de analizar posibles saídas laborais coas participantes, desenvolvendo a actividade de forma dinámica e aberta para articular os procesos creativos.

Esta será, pois, unha das actividades grupais que se impulsan desde o Programa Integrado de Emprego, que está subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, por importe de 176.000 €, aportando os 44.000€ restantes o Concello de Marín ata completar os 220.000 € de orzamento máximo que ten o programa, sendo as presentes subvencións fi nanciadas a través dos fondos fi nalistas do Servizo Público de Emprego Estatal.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *