A proba foi presentada polo Concello, Acemas e o Club Pinarium e seguro que repetirá como unha xornada festiva no municipio
Os concelleiros Antonio Traba e Antonio Caíña, xunto cos representantes de Acemas e do Club Deportivo Pinarium, presentaron a próxima edición da Carreira do Truco, que terá lugar en Seixo este domingo.
Está previsto que o evento, que engloba andaina e carreira infantil, arranque ás 10.00, coa saída da Casa de Cultura de Seixo dos máis pequenos. A partir das 10.30 será a saída da Andaina e quince minutos despois, a da carreira de maiores.
Para participar, incluso tamén de voluntariado, é preciso inscribirse a través deste formulario.
Desde a organización, recordan que se pode participar na Operación Kilo, levando alimentos non perecedoiros que se doarán a Cáritas.