A Festa tivo un cheo total no 2023.

A artesanía local terá de novo este ano o seu espazo na carpa da Festa do Mar de Vilaboa, que abrirá as súas portas mañán sábado ás 13 horas coa actuación da Banda de Gaitas e Bailes “Aires de Cobres”. Laura Filgueira aproveitará o entorno festivo para promocionar os seus con artigos de madeira impresa e gravados de papel no stand ERRE3 e Carmen Castro con “Cachiboreta”, amosará o seu taller de
transformación con produtos vintage e motivos mariñeiros. A orfebre local Pilar Blanco presentará unha ampla colección de complementos inspirados na primaveira vilaboense.

O Concello adicará un dos stands á promoción turística do propio municipio con información sobre rutas de sendeirismo, o entorno do Forno da Cal e As Salinas de Ulló, un entorno fácil de entender grazas aos diferentes puntos de realidade aumentada instalados neste espazo. A Festa contará tamén cun Punto Lila de información e asesoramento contra as violencias machistas.

Serán tres os restaurantes locais encargados das degustacións durantes estes dous días de Festa, elaboradas a partir do produto recollido para este evento pola Confraría de Vilaboa. A Garboa, A casa de Rosa de Mazaroca e Aurelia poranse aos fogóns para preparar as tapas de mexillón a 3,5 euros; os chocos a 5 euros e a 6 euros estará a ameixa, tanto a xapónica como a cornicha. Todos eles preparados en distintas elaboracións: en empanada, en escabeche, guisados ou á mariñeira. Este ano, como novidade, haberá stand cafetería da man do bar Chancho e repetirá tamén o posto doce para completar o menú con panadería pastelería Os Laranxos.

E xunto aos produtos do mar compartirán protagonismo e promoción os viños da IXP Ribeiras do Morrazo das adegas Os Areeiros e Ardán durante dous días de festa nos que reinará o bo tempo e nos que o Concello espera unha boa afluencia de público.

A comisión organizadora, na que ademáis do Concello están as mariscadoras, mariñeiros e bateeiras, será a que realice a cata con premios para a Innovación, o Sabor e a Presentación; prantexando para este ano o novo reto de sorprender ao público en xeral conxugando elaboracións tradicionais con pratos máis atrevidos.

Xunto á degustación de produtos do mar a Festa inclúe unha variada programación musical con Franfarria Taquekardia o sábado a partir das 21 horas e Os Bregadiers o domingo partir das 13 horas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *