O vial asfaltado polo concello de Bueu.

Esta actuación permitiu reparar o pavimento, mellorar o ancho do vial e solucionar problemas de auga

O Concello de Bueu acometeu estes días a pavimentación do camiño coñecido como “Canexa do Rei”, no lugar da Graña, tal e como comprobaron Félix Juncal, alcalde da vila, e Alfredo de la Campa, arquitecto técnico municipal, na visita ás obras. A actuación permitiu solucionar un problema de auga que preocupaba á veciñanza, ademais da reparación do pavimento, mellorando o ancho do vial para favorecer a circulación, “cuestión moi importante sobre todo porque conflúe coa estrada PO-551”, apunta Juncal.

Esta obra súmase á que se vén de rematar recentemente de pavimentación no Camiño Vello do lugar, onde se renovou a tubería de abastecemento e a de pluviais no primeiro tramo, e tamén se mellorou o ancho do vial en zonas estreitas. A iso sumouse a recuperación da fonte, cuxas augas se analizarán proximamente.

Por outra banda, nas últimas semanas tamén se continuou coa reparación de diversos tramos de camiños municipais das tres parroquias, e completouse a rede de abastecemento de auga nas zonas de Outeiro e Curraces, que permitiron atender peticións veciñais. Neste sentido, e segundo salienta Juncal, “é fundamental seguir estendendo as redes de saneamento, e cada vez son máis as vivendas que teñen acceso a este servizo básico, mentres que nos próximos anos, a aposta será renovar as redes de abastecemento de auga, que nos demandan moitos veciños e veciñas ano tras ano”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *