Bombeiros e Policía esta madrugada sofocando o lume.

Os Bombeiros do Morrazo tiveron que ir novamente esta madrugada, ao redor das 4:00 horas, a cálea Concepción Areal de Marín, fronte ás galerías Morrazo. A illa, composta por catro contedores, quedou totalmente calcinada aínda que non afectou a ningún coche nin inmoble.

A queima de contedores de madrugada no centro de Marín está resultado habitual. Na madrugada do pasado 5 de outubro os vándalos tamén acabaron con media decena destes depósitos de residuos na rúa Jaime Janer pero anteriormente xa tiveron que sufocar lumes similares en San Pedro e Concepción Arenal, onde tamén resultou danado un coche que estaba aparcado. Tamén houbo incendios en varios vehículos, un deles estacionado en suboficiais.

A Policía investiga se estes incendios están relacionados cos anteriores e pide colaboración cidadá para identificar os autores.

Os contedores quedaron totalmente queimados.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *