Un camión de recollida do lixo ardeu esta madrugada cando circulaba xunto ao cemiterio de Bueu. Ocorreu ao redor das 3 da madrugada por causas que aínda se descoñecen aínda que se pensa que puido ser por un fallo eléctrico.
Non houbo que lamentar danos persoais aínda que o vehículo quedou totalmente esnaquizado.
No servizo interveu a Policía Local de Bueu e os Bombeiros do Morrazo que se encargaron de apagar o lume.