Estado no que quedou un dos vehículos.

O 112 Galicia informa dunha colisión entre dous vehículos, en Bueu, na que resultaron feridas dúas persoas.

Foron os servizos sanitarios quen deron aviso deste sinistro, ás once e media da mañá, na estrada PO-551, na parroquia de Cela. Segundo sinalaban, tratábase dun choque frontolateral entre dous turismos nos que ían tres ocupantes.

Ata o lugar, informados polos xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) tamén se desprazou a Garda Civil de Tráfico, que confirmaron que dúas persoas tiveran que ser trasladadas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *