Exterior do futuro Auditorio de Marín.

O Pleno da Corporación aprobou o pasado xoves de xeito definitivo o
estudo detalle do Auditorio de Marín. Este documento é un paso esencial
no camiño burocrático deste proxecto e serve para determinar as
condicións ás que ten que axustarse a futura edificación, determinando as
características técnicas de volume, aliñacións…

Ramallo explicou que “este trámite supón un paso máis de cara a
conseguir a licitación das obras, de tal xeito que o noso Auditorio xa é unha
realidade, a falta simplemente de que rematemos os últimos chanzos da
tramitación que nos faltan”.

O proxecto do futuro Auditorio de Marín xa conta con todos os informes
técnicos precisos para a obra. Por unha banda, o informe favorable do
Ministerio de Fomento, dado que a zona está afectada pola estrada PO-11,
de titularidade estatal. Por outra, o informe do Ministerio de Defensa, por
ser un espazo incluido na zona de seguridade da Escola Naval Militar, e,
finalmente, o informe favorable da arquitecta municipal.

A construción do Auditorio é unha das obras máis importantes do Marín
Dusi, a estratexia de desenvolvemento urbano sostible para a que a vila de
Marín conseguiu a cofinanciación dun 80% do Fondo Europeo de
Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea. A humanización da
Avenida de Ourense e a remodelación do Paseo Alcalde Blanco son os
outros dous grandes proxectos desta estratexia.

Neste estudo, recóllense algunhas características técnicas importantes,
como a necesidade de manter a continuidade visual coa Alameda de
Marín, a unificación dos elementos de sinalización, rótulos, mobiliario… e a adaptación do cerramento portuario para mellorar a súa integración
paisaxística.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *