Cholo Iglesias, o veciño desaparecido en Marín.

Marín sairá á rúa esta tarde para buscar a un veciño de 80 anos, coñecido como Cholo Iglesias, que falta do seu domicilio desde onte domingo entre as 11:00 e as 11:30 horas. Segundo explica o seu fillo, Pablo Iglesias, saíu da súa casa para, supostamente, dar un paseo pola zona de Laxe e Viñas Blancas pero desde entón nada se sabe del. Vestía unha camisa azul clara e pantalón tipo bañador azul mariño.

Durante a serán de onte Protección Civil de Marín xa estivo a tentar rastrexar a zona sen resultado e para esta tarde, ás 15:30 horas, os veciños convocaron unha batida que partirá de cálea República Arxentina, fronte ao concesionario da Renault.

Ademáis, axentes da Policía Nacional, que xa estiveron esta mañá buscando con medios aéreos, sumaranse coa Unidade de Cabalería que ata o de agora traballaba na prevención dos incendios forestais.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *