Os alumnos esta mañá coa bandeira de Bueu.

Un grupo de quince alumnos e alumnas de catro anos do CEIP Plurilingüe A Pedra visitou este mércores as dependencias do Concello de Bueu para coñecer de preto o escudo e a bandeira do municipio. Silvia Carballo, concelleira de Promoción Económica e Turismo, foi a encargada de explicarlles a xénese destes dous símbolos que levan o mar como sinal de identidade.

Esta visita foi proposta polo centro educativo no marco dunha actividade que realizaron arredor do escudo e da bandeira, aprobados no 2013 e que a edil definiu como “sinais para que se nos recoñeza en todos os lugares”. Ademais de coñecer esta historia, o alumnado puido ver o salón de plenos e trasladar algunhas peticións.

Dado o interese dos cativos e cativas, o Concello fíxolles entrega dunha bandeira e dun pin co escudo que se se poñerán no centro educativo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *