Recoñecemento aos deportistas no Concello de Moaña.

A Concellería de Deportes de Moaña está a organizar a Gala do Deporte 2021 que terá lugar o venres 23 de xullo no palco da música coa finalidade de facer un recoñecemento oficial e premiar a todas aqueles estamentos deportivos que máis destacasen no pasado ano.

Como novidade a Concellaría de Deportes acordou entregar ao comezo da gala un agasallo a todas as entidades deportivas de Moaña en sinal de agradecemento pola súa dedicación e esforzo para co deporte moañés neste ano tan complicado.

O período para a presentación de nominacións abrangue desde hoxe até o luns 5 de xullo ambos os dous incluídos, e desde o Concello darase traslado dos formularios para as nominacións ás entidades deportivas para a súa difusión.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *