A Alcaldesa, a Tenente de Alcaldesa e a concelleira de Promoción Económica na campaña de apoio ao comercio local en decembro de 2020.

En apenas cinco días e unhas horas estará activa a web para rexistrarse e poder beneficiarse do 30 por cento de desconto nas compras nos comercios de Moaña. Facelo será moi fácil, só entrando na páxina www.moañaconsumelocal.gal. Despois, os usuarios recibirán un correo de confirmación da inscrición que estará ligada ao DNI de cada persoa.

Unha vez realizada esta sinxela xestión, co número de bono que se lle asigna, ou ben co número de DNI, poden descontar as compras que realicen nos comercios/establecementos participantes ata os límites establecidos na campaña. Cada persoa participante pode consultar o estado do seu bono na propia páxina, utilizando o correo electrónico de rexistro e o contrasinal que estableceu para o rexistro.

A bonificación é do 30% por compra, de tal maneira que por cada 100 euros gastados, o Concello asume 30 euros, ata un máximo de 75 euros por persoa de bonificacion. Neste desconto quedan excluídas as tendas ou hipermecados de alimentación, farmacias ou parafarmacias porque non tiveron que pechar durante a pandemia. Para inscribirse, os establecementos terán de prazo ata o 10 de outubro, un día antes da activación dos bonos.

O Concello destaca que os 100.000,00 destinados a este programa se convirtirán en máis de 300.000,00 euros para a economía moañesa, polo que a repercusión non tecido comercial vai ser moi importante.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *