A concelleira de Promoción Económica de Moaña, Coral Ríos, coa tarxeta cliente nun establecemento local.

Desde o 11 de outubro e ata que se acaben os 100.000 euros reservados polo Concello de Moaña nos seus orzamentos para o denominado Programa de Bonos Moaña Consume Local todas aquelas persoas anotadas previamente poderán beneficiarse dos descontos do 30 por cento no comercio e a hostalería local. A bonificación é do 30% por compra, de tal maneira que por cada 100 euros gastados, o Concello asume 30 euros, ata un máximo de 75 euros por persoa de bonificacion.

A cada establecemento resérvaselle un crédito de 900 euros mínimo, cun máximo de 1.350,00 euros. Poden adherirse a esta iniciativa calquera comercio, local de hostalería e restauración, salóns de peiteado ou similares. Con todo, quedan excluídas as tendas ou hipermecados de alimentación, farmacias ou parafarmacias porque non tiveron que pechar durante a pandemia. Para inscribirse terán de prazo ata o 10 de outubro, un día antes da activación dos bonos.

O Concello destaca que os 100.000,00 destinados a este programa se convirtirán en máis de 300.000,00 euros para a economía moañesa, polo que a repercusión non tecido comercial vai ser moi importante.

Os comercios, aos que non se esixe que pertenzan a ningunha asociación, como clientes poderán anotarse en www.moañaconsumelocal.gal. Fecimo é o encargado do desenvolvemento deste programa de bonos previa firma dun convenio.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *