Segundo informa a Policía Local, a tormenta que azoutou Moaña á primeira hora da tarde deixou inundacións en Domaio, á altura do parque infantil. Ante a posibilidade de que poida volver repetirse, técnicos de Aqualia traballan neste momento limpando a rede de sumidoiros, especialmente na zona de Verdeal, á altura do número 68, polo perigo de que a auga poida entrar nas vivendas da contorna. Polo momento non se produciron maiores danos.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí