A Área Sanitaria de Vigo ven de realizar 7 novas incorporacións estables
de médicos e médicas aos equipos profesionais da atención primaria. Un deles para o centro de saúde de Moaña.
Así, a pasada semana rematouse o procedemento para cubrir con vínculos de interinidade 6 prazas vacantes de medicina familiar e comunitaria, e cun vinculo de longa duración a unha reserva de praza.
Ademáis de en Moaña, os 6 profesionais de medicina xeral restantes se incorporaron aos seguintes centros de saúde: 1 en A Cañiza, 1 Coia, 1 en Gondomar, 1 en Moaña, 1 en Ponteareas, 1 en O Rosal e 1 en Val Miñor.
Con esta medida, a Área de Vigo sigue avanzado no obxectivo de reducir a taxa de eventualidade da organización en aras dotar de maior estabilidade no emprego aos profesionais, favorecendo a conciliación laboral e familiar e mellorando tamén a continuidade asistencial