O stand instalado no mercadillo de Moaña.

O BNG de Moaña, diante do incremento brutal da factura da luz na Galiza, está a colaborar na campaña de recollidas de firmas que o BNG ven desenvolvendo por todo cunha mesa de recollida de firmas onde solicitan a adopción de medidas prácticas, tanto no desenvolvemento das competencias propias por parte da Xunta, como instando ao Goberno español a aplicar as pertencentes ao seu ámbito, que permitan a diminución do prezo da factura eléctrica e o fin da discriminación que padece Galiza por este motivo. Para elo, instalaron unha mesa informativa no mercadillo de Moaña, onde volverán o próximo sábado.

Os nacionalistas piden unha tarifa eléctrica galega que abarate a factura da luz para galegas e galegos, en beneficio de consumidor@s particulares e das empresas; modificar a Lei do sector eléctrico e os últimos cambios tarifarios de maneira que o prezo da electricidade se estipule en función dos custos de xeración de cada tecnoloxía, a baixada do IVE na factura eléctrica, do actual 21% ao 4% (superreducido), e eliminación do imposto especial da electricidade.

Ademáis, garantir a subministración eléctrica a toda a poboación, establecendo medidas para que non se lle poida cortar a luz a ningunha persoa sen recursos, e a creación dunha empresa pública galega de enerxía.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *