A alcaldesa e o empresario en Rodeira xunto á rampla.

Non só que sexan accesibles para as persoas con mobilidade reducida senón que o sexan dunha forma universal. Ese é o obxectivo da alcaldesa de Cangas, Victoria Portas, no que respecta a os areais do municipio e neste sentido deu un paso máis. Da man da empresa Eurovel instalou por primeira vez unhas ramplas especiais fabricadas con materiais plásticos resistentes aos raios ultravioletas, idóneas para manterse á intemperie e de manexo alcanzable.

A praia de Rodeira é unha das sete de Cangas que xa conta con elas e, ata o momento, o seu uso está a dar moi bos resultados. Os responsables de Eurovel trasladáronse esta semana ata este areal para comprobar o seu funcionamento para estender o uso. «Este modelo, con este material, é a primeira vez que o poñemos para este tipo de aplicación que é habitual no transporte. É unha aplicación que xurdiu dunha idea da alcaldesa e xa se instalou en varias praias de Cangas con acceso para mobilidade reducida», explicou Javier Sanmiguel, director xeral da firma.

A alcaldesa e o empresario sobre a rampla

Portas, satisfeita coa iniativa, acompañou na visita á empresa valisoletana e agradeceu que, ademais de fabricar estas esterillas de accesibilidade, colaborasen cedendo parte delas ao Concello sen custo. «O noso obxectivo é facer que en Cangas teñamos un turismo de familia e que as persoas con mobilidade reducida teñan sete areais con accesibilidade universal dos que poidan facer uso», insistiu a rexedora.

Neste 2021 os areais que contan coa accesibilidade universal son Rodeira, Nerga e Areabrava e que estarán sinalizados coa seguinte información. E os que contan con accesibilidade (cadeira anfibia, socorristas e ramplas) Liméns, Areamilla, Menduiña.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *