Presentación esta mañá das Festas do Cristo de Cangas 2021.

As Festas do Cristo de Cangas non serán tampouco este ano convencionais aínda que terán un pouco máis de alegría que en 2020, iso sí contida porque non haberá nin orquestras nin atraccións. Pola contra, o Concello si instalou nesta ocasión as iluminación nas principais rúas, fará tirada de lumes ás 12:00 horas en lugar de pola noite e organizou un cartel de concertos que haberá que seguir sentados na explanada das naves de Ojea cun aforo máximo de 300 persoas. Broken Peach actuará o domingo 29 de agosto ás 22:00 horas, Budiño á mesma hora o martes 31 de agosto e Eladio y los seres queridos pechará as festas o sábado 4 de setembro tamén ás 22:00 horas.

Para asistir a estes concertos será necesario reservar asento en horario de mañá e desde o vindeiro luns na Casa da Xuventude. Tamén para o resto de eventos a excepción do concerto da Banda de Música Belas Artes que terá lugar na Praza da Constitución o domingo 29 ás 21:00 horas cuxas entradas poderán recollerse media hora antes na entrada.

Outro dos pratos fortes deste ano será o pregoeiro, por ser unha persoa moi coñecida en Cangas e moi involucrada cos veciños e colectivos locais. Trátase do médico do PAC de Cangas, Jorge Cameselle, que se dirixirá a todos os veciños de Cangas o sábado 28 de agosto ás 12:00 horas.

A esta programación únense outros concertos como o de Mornura o venres 27, Gramola Gominola o luns 30, Lelli Kelly´ s o mércores 1, Habelas Hainas o xoves 2 ou os festivais Tromentelo o sábado 28 e Lembranzas da Ría o venres 3. Xunto aos pasacalles da Banda de Música Belas Artes do domingo 29 ás 19:30 e do luns 30 ás 20:00 horas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *