A reunión mantida onte pola alcaldesa de Cangas, Victoria Portas, coa Policía Local acordou restituír a quenda nocturna desde hoxe e durante a noite do sábado e domingo con aquell@ s axentes que de forma voluntaria opten por traballar as noites. Trátase dunha medida provisional que tamén se repetirá durante as Festas do Cristo para garantir que se manteña a seguridade nas rúas de Cangas en colaboración coa Garda Civil.

A partir de aquí, continuarán as negociacións entre o goberno e o sindicato da Policía Local coa intención de que o corpo policial acabe tendo presenza polas noites que é o que demandan os veciños.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *