Una de las concentraciones a las puertas del centro de salud a las que asiste la Alcaldesa en defensa de la sanidad pública.

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Moaña aplaude a decisión do Conselleiro de Sanidade de licitar a contratación para o proxecto básico «sen esperar a recepción formal dos terreos coa escritura pública de cesión e acordo do Consello da Xunta».

A falta da aprobación plenaria final do proxecto de equidistribución e co orzamento aprobado para a urbanización de Sisalde polo Concello de Moaña «non tiña sentido seguir demorando o inicio das xestións que corresponden a Consellería como é a licitación da redacción do proxecto», afirman. Isto supón, din, «un primeiro paso cualitativamente importante cando ademais inclúe a opción do proxecto de execución da obra, cuns prazos dun e dous meses e medio, respectivamente».

«Non podíamos entender a posición contraria mantida oficialmente ate o de agora pola Consellería, expresada incluso no parlamento de Galicia fai pouco mais dun mes, despois dun acordo plenario aprobado por unanimidade neste sentido en xullo e as peticións públicas da Mesa da Sanidade e a propia Plataforma», conclúen.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *