Dita rehabilitación garantirá a accesibilidade e a inclusión ademáis de renovar os elementos de xogo e acondicionar o chan
O goberno local adxudicou á empresa Manuel Angel Chamadoiro Muiños a remodelación do parque infantil de Herbello, en Aldán, por 16.684 euros ao ser quen presentou a oferta máis económica. Desde xeito o goberno local resolve o avanzado deterioro desta área de xogo infantil, que se encontra nun avanzado deterioro e que suma a quinta contratación no que vai de ano para rehabilitacións de parques infantís. “Este será o camiño a seguir en todos os parques municipais ata que estén en plenas condicións para ser usados pola poboación infantil. A alcaldesa de Cangas, Victoria Portas, indica que o bloqueo do PP e do PSOE ao orzamento municipal para este ano, no que se incluía unha partida específica para o arranxo dos parques, “retrasa considerablemente a execución dos traballos, pero non os paraliza nin moito menos”.
A actuación a executar no parque de Herbello, actualmente en desuso debido ao seu mal estado, cumprirá coa accesibilidade universal, polo que se eliminarán as escaleiras e acondicionarase a rampa de acceso. A actuación inclúe tamén a modificación do chan, cubríndoo cun céspede artificial que reduza o traballo de mantemento.
Trátase dun parque que ocupa unha superficie de 692 metros cadrados que será obxeto dunha remodelación e reestruturación global para facilitar a inclusividade e a accesibilidade de persoas con distintos grados de discapacidade.
A memoria recolle tamén a sustitución dos elementos de xogo, xa que o actual deterioro, cunha elevada corrosión pola oxidación dos elementos de ferro, dificulta a súa restauración e a adaptación das superficies para cumplir coa homologación do mesmo.
O Concello de Cangas conta cun total de 23 parques infantís en todo o termo municipal, creados no seu día para atender unha poboación diseminada en cinco parroquias. A meirande parte deles necesitan obras de mantemento que o Concello valorou preto de 200.000 euros para poder deixar todos os parques en total estado de funcionamento. Para poder atender estas carencias habilitou unha partida económica na proposta de orzamento para 2023, que non saiu adiante debido ao voto en contra do PP e do PSOE; ao igual que a modificación de crédito que liberaba fondos para atender os parques públicos. “A estratexia política destes dous partidos é impedir que en Cangas se fagan obras; ningunha das dúas formacións valoran as consecuencias que esas ansias de desgaste ao grupo de goberno poden ter na poboación, e neste caso na máis vulnerable, as nenos e nenas de Cangas”, conclúe Victoria Portas.