A Mesa Local da Sanidade de Moaña reuniuse na tarde do xoves para valorar o seguimento das mobilizacións que levan a cabo cada domingo diante do centro de saúde de Concepción Arenal e a celebrada o pasado domingo desde a rotonda do Portal do Almacén para terminar, tamén, no consultorio, pechado pola falta das urxencias. «A valoramos moi positivamente e tamén a repercusión nos medios de comunicación, e queremos agradecer enormemente a asistencia masiva da veciñanza de Moaña no 20º domingo consecutivo de mobilizacións», manifesta a presidenta da Mesa, a alcaldesa Leticia Santos.
Como novo paso, os membros da Mesa acordaron solicitar unha reunión co conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, para volver tratar as demandas que persegue este colectivo composto por colectivos e por todos os partidos con representación na corporación local. Precisamente, a esta última reunión asistiu tamén o portavoz do grupo municipal popular, Vicente Verdeal.
Doutra banda, tamén se decidiu apoiar a mobilización do 12 de maio en Vigo na que participarán colectivos e veciños de toda a área sanitaria. O Concello de Moaña está organizado a posta en marcha dun servizo de autobús directo e gratuíto para os cidadáns da localidade que queiran acudir.
Este domingo haberá nova concentración ás portas do centro de saúde de Moa as 11:30 horas.