Os Bombeiros na rúa Concepción Arenal de Moaña nunha actuación.

A única persoa afectada foi atendida polos servicios sanitarios pero non tivo que ser trasladada.

Ao fío das 13:30 horas, o 112 Galicia tivo coñecemento dunha explosión nunha vivenda na rúa Nova de Arriba, pertencente á parroquia de Santa María de Beluso. Segundo o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, quen recibiu o primeiro aviso deste suceso, o estoupido foi causado por unha bombona de butano situada na cociña da casa. Así mesmo, indicaron que a explosión produciuse cando unha muller estaba cociñando, sen poder confirmar que houbese máis persoas no interior do inmoble.

Con esta información, os xestores do 112 pasaron o aviso á Garda Civil de Pontevedra e aos Bombeiros do Morrazo. Estes últimos, xa no lugar dos feitos, realizaron diversas medicións para previr calquera posible intoxicación, á vez que confirmaron que non foi a máis o conato de lume que se puido producir por mor da explosión.

Aínda así, varias partes da cociña quedaron afectadas, como os condutos de gas e varias portas. A única persoa da vivenda tamén sufriu danos, aínda que sen revestir gravidade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *