Avanzar na construción do Marín que queremos require dunha planificación e
dun traballo previo, que nos permita trazar as liñas mestras das actuacións
futuras e dos obxectivos medio ambientais e de calidade de vida que se queren
acadar.

Ese é o obxectivo da redacción do Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS), un
documento que xa está nun estado moi avanzado e que está a ser elaborado pola
empresa Proyestegal. Dentro do proceso de elaboración do plan, prantexouse
unha enquisa de mobilidade para que a cidadanía marinense participase
aportando respostas sobre os seus hábitos de vida e consideracións respecto da
mobilidade na vila.

Das respostas recollidas polo equipo redactor, derívanse varias conclusións
interesantes sobre o tipo de itinerarios que se realizan no noso municipio. A
ampla maioría dos enquisados móvense por motivos laborais con vehículo
privado e máis dun 60% fanno dentro do casco urbano, sendo este punto tanto de
orixe como de destino.

Tal e como se recolle nos resultados da enquisa, os traxectos máis comúns non
superan os 15 minutos de duración nin os 5 quilómetros de distancia.
Por outra banda, no que respecta a outros medios de transporte, hai un interese
por parte da cidadanía no autobús, sobre todo no que respecta a unha maior comodidade na traslación da información sobre os horarios e as frecuencias dos
mesmos.

Pero fundamentalmente chama a atención o potencial interese dos enquisados
polo uso da bicicleta. Un 70% dos mesmos aseguran que optarían por este medio
de transporte de xeito habitual se se toman medidas coma a unión continua do
carril bici existente.

Este obxectivo está dentro dos plans do Concello que, despois de crear todo o
itinerario ciclista da Avenida de Ourense, aspirará a unificar este vial co Viario de
Praias, mellorando o seu trazado, se se acadan os fondos do Plan de Sostibilidade
Turística.

Un parking subterráneo

Entre as maiores preocupacións dos veciños e veciñas que participaron da
enquisa está o estacionamento. De feito, unha das demandas máis repetidas é a
creación dun aparcadoiro subterráneo que permita alugar prazas de
estacionamento.

O Goberno local ten en marcha un estudo de viabilidade para a creación dun
aparcadoiro destas características no Parque Eguren. Por outra banda, segue o
seu curso na búsqueda de novas parcelas que poidan sumarse aos actualmente
12 aparcadoiros disuasorios habilitados nos últimos anos e que se poden consultar
na web do Proxecto MARES (www.concellodemarin.es/proxectomares).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *