A Alcaldesa e as concelleiras durante a visita ao Paseo.

A alcaldesa, María Ramallo, e as concelleiras Marián Sanmartín e Cristina Acuña,
visitaron xunto cos técnicos municipais e os traballadores da empresa
adxudicataria, as obras do Paseo Alcalde Blanco. Aínda que o proxecto está moi
avanzado, a crise de subministros que se está a producir a nivel global retrasa a
colocación dalgúns elementos, como as madeiras das bancadas ou certas
cuestións do establecemento hostaleiro da punta.

Así a todo, si que se avanzou por exemplo na colocación do que, de seguro, será
un dos grandes atractivos do novo Paseo Alcalde Blanco: os novos xogos de agua.
A zona de ocio conta con cinco elementos que se activan a través dunha
botoneira táctil, para activar un circuito de 4 minutos durante os que sae auga,
creando un circuito lúdico que permite mollarse e resfrescarse de cara ao verán.
Trátase dun circuito pechado, que conta con dous desaugadoiros que recollen
toda a auga que sae dos elementos para reutilizala no momento no que se volven
activar. No que respecta ao local de hostalaría, estase a traballar na creación dos pregos para a concesión do mesmo, que definirán a súa execución.

A alcaldesa avanzou a pé de obra que a reconfiguración do Alcalde Blanco será
“unha oportunidade para redesfrutar este espazo privilexiado que temos, cunha
nova distribución e estética”.

A obra, que está cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento
Rexional da Unión Europea, ten un orzamento total de 1.135.542,12 euros e forma parte da estratexia de desenvolvemento urbano sostible Marín Dusi.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *