Limpeza da rúa.

Afectará unicamente ao servizo de recollida de cartón comercial porta a porta. Os establecementos usuarios do mesmo xa foron notificados por escrito

O Concello de Marín informa de que mañá, 3 de novembro, é a festividade de San
Martín de Porres, patrón do sector da Limpeza e que está definido como non
laboral no convenio colectivo de recollida e transporte de residuos sólidos
urbanos no Concello.

Dado que este festivo coincide co día de recollida do cartón comercial porta a
porta, avisouse por escrito aos establecementos adheridos de que non se prestará
o servizo mañá.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *