A familia More, de orixe peruana pero afincados en Cangas, publicou hoxe nas súas redes sociais un dramático vídeo tras a traxedia do naufraxio do Villa de Pitanxo. Estas imaxes foron gravadas o día que o arrastreiro partiu do Porto de Vigo en dirección a augas de Terranova. Tras o sucedido, cando perderon a tres dos seus seres queridos, fanse máis duras que nunca. Un adeus para sempre.