Os alcaldes e alcaldesas e concelleir@s da provincia cos representantes da Deputación esta mañá.

A oficina de turismo de Cangas, situada na Casa da Bola, recibirá a Q da rede Info Rías Baixas

Agora si. Despois da traxedia da pandemia e dos enormes danos que no último
ano e medio causou ao sector do turismo, agora chegou o momento para invitar
directamente a viaxar de novo á provincia de Pontevedra. “É o teu momento”. Con
esta apelación directa a volver a desfrutar no destino Rías Baixas, a Deputación
de Pontevedra presentará o próximo xoves, ás 12.00h na Feira Internacional de
Turismo “Fitur”, “unha proposta ilusionante, innovadora, tecnolóxica e baseada
nas emocións e nas experiencias que, unha vez máis, sorprenderá ao recinto de
Ifema”, en palabras da presidenta Carmela Silva.

O Salón de Plenos albergou o acto de presentación da campaña e tamén das
liñas de acción do II Plan Estratéxico de Turismo, folla de ruta da Deputación para
os vindeiros tres anos. O evento, moi visual, musical e festivo coa actuación de
Nadja Sami e a proxección de imaxes e audiovisuais de Rías Baixas, contou coa
asistencia do sector e de alcaldes e alcaldesas de concellos como Baiona, Lalín,
Cangas, O Grove, O Rosal, A Cañiza, Forcarei, Mondariz, Mondariz-Balneario,
Ponte Caldelas, Salvaterra, Barro, Moraña, Vilaboa, A Guarda, Fornelos ou A Illa,
amais de concelleiras/os do resto dos concellos da provincia.
“É o teu momento” chega a Fitur

“En Fitur facemos, agora si, unha chamada directa a viaxar á provincia, a que
elixan o noso destino como lugar no que vivir experiencias únicas e tamén
seguras”, asegurou a presidenta Carmela Silva. A proposta provincial, que
poderá seguirse por streaming en http://www.depo.gal e a través da canle da
institución provincial en Twitter, “será unha presentación chea de frescura e de
optimismo, unha chamada á acción para que as persoas turistas se preparen para visitar a nosa provincia porque É O TEU MOMENTO”. 

Contará “co valor engadido de mulleres talentosas e referentes da creatividade cultural en Galicia que poñen voz e alma ao noso relato do turismo”. Silva referiuse con elo á artista Woiza, a voz da mensaxe, á poeta feminista Lúa Mosquetera, coguionista “dun relato que non deixará a ninguén indiferente”, e á reporteira viguesa Noa García, que se encargará de conducir o acto. Amais, a presentación do destino “dará voz ao sector e porá cara, voz e espazos a toda a cadea de valor do sector turístico” contando coa colaboración de Miguel de la Cierva, do Náutico do Grove.

“É o teu momento” continúa a liña emocional de “Fame de experiencias” e
“Sigue o teu instinto”, amosando que a provincia é un destino sostible,
hospitalario, seguro e multiexperiencial. “Trátase dunha invitación a visitar a
provincia para que as persoas turistas creen novos recordos para o futuro”,
indicou Carmela Silva. A presidenta tamén explicou que a campaña vai dirixida
tanto ás que xa coñecen a provincia como a aquelas que nunca viñeron, con
accións de reforzo, promoción en redes sociais, reportaxes en revistas
especializadas, prestando atención a Madrid, Barcelona, Asturias e País
Vasco. Amais, continúa a estela de #momentosríasbaixas, que arrancou a
comezos do 2021 e tivo xa un impacto de máis dun millón de persoas e, a
través dos sorteos de experiencias, chegou a máis de 800.000 persoas de
Madrid, Barcelona, Asturias, Bilbao, Sevilla, Córdoba e Málaga, entre
outros lugares da xeografía estatal.

Xunto á presentación do destino, a Deputación de Pontevedra tamén recollerá
as 11 Q da rede Info Rías Baixas que recalarán nas tres oficinas de turismo
da institución (Palacete das Mendoza, Aeroporto de Vigo e Armenteira en Meis)
e nas dos concellos da Illa, A Estrada, Cangas (A Bola), Nigrán, Sanxenxo,
Baiona, Caldas e Poio (Casal de Ferreirós).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *