A alcaldesa co deputado e o concelleiro de Medio Rural esta mañá no vial.

Os traballos teñen un orzamento de preto de 180.000 euros e son financiados integramente pola institución provincial

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora da mobilidade na EP-1205 de acceso á praia de Aguete, en Marín, que permitirán crear unha senda peonil para facilitar a entrada das persoas a este concorrido areal e nas que a institución provincial inviste un orzamento de preto de 180.000 euros. O deputado provincial de Infraestruturas, Gregorio Agís, visitou hoxe os traballos xunto á alcaldesa marinense, María Ramallo.

O proxecto segue o modelo de mobilidade sostible e amable da Deputación ao transformar o tramo nun itinerario seguro. Neste senso, hai que lembrar que o acceso á praia de Aguete, moi concorrido sobre todo nos meses de verán, non dispuña dunha zona para a circulación peonil que garanta a seguridade das persoas usuarias, o que fai que as e os peóns se vexan obrigados a invadir a calzada para poder acceder á praia.

Os traballos teñen un orzamento de preto de 180.000€. Son financiados integramente pola institución provincial, xa que a aportación do 30% que lle correspondía ao Concello tralo convenio asinado entre ambas administracións para abordar a actuación finánciase con cargo ao Plan Concellos 2022-2023.

As obras inclúen a ampliación da superficie da EP-1205 e a creación na marxe
dereita da senda peonil, de 2,5 metros, separada da calzada mediante fitos. Amais, dotarase dunha beiravía de 50 centímetros de ancho na súa marxe esquerda e dunha cuneta de seguridade desta mesma anchura. Os traballos completaranse coa dotación de sinalización horizontal e vertical.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *