Novo aparcadoiro público en Chan do Monte.

O Concello acondicionará unha parcela de 1.200 metros cadrados, coa que dotar a ambas infraestruturas educativas deste servizo, sobre todo pensando en todas as disciplinas de FP que se imparten e na gran cantidade de alumnado que aglutinan ambos centros

O Concello de Marín habilitará un novo aparcadoiro público gratuito nas inmediacións do IES Chan do Monte e do colexio San Narciso, cunha extensión de 1.200 metros cadrados e unha capacidade aproximada para o estacionameto de 50 vehículos.

O Gobierno local segue, desta maneira, dotando aos distintos puntos do termo municipal de espazos nos que poder ofrecer aparcadoiro gratuito. Neste caso, con esta posta a punto da parcela, conséguese que practicamente todos os centros educativos da vila teñan asociado un parking público para dar este servizo aos seus usuarios.

Neste caso, ademais, cúbrese a demanda de estacionamento que xeran os cursos de FP que imparten ambos centros, nos que moito alumnado, pola súa idade, acude en coche.

No que respecta ao casco urbano, desde o Goberno municipal séguese a buscar alternativas de ordenación do estacionamento que permitan integrar os dous obxectivos de mobilidade que persegue Marín: mellorar o espazo para dotalo de áreas máis peatonalizadas e seguir ofrecendo opcións de estacionamento abondo para cubrir a demanda.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *