Agulla e Portas na última Xunta Local de Seguridade con motivo das Festas do Cristo.

A alcaldesa de Cangas, Victoria Portas, informa a través dun comunicado de prensa aos medios que Alberto Agulla, o que era desde 2010 xefe da Policía Local de Cangas ata hai só uns días, expresoulle hai xa un ano a súa intención de presentar a súa dimisión do cargo para “facilitar un intercambio interxeracional”.

Durante ese tempo, aclara a rexedora, “consultou cos servizos xurídicos do Concello cantas dúbidas xurdíronlle”. Ata que, finalmente, “o pasado 25 de agosto presentou a súa dimisión no Concello”, relata “obxectivamente”, facendo uso, indica no escrito, do seu “dereito a réplica” tras as últimas informacións públicas nas que lle acusaban de querer relevarlle dunha forma encuberta. “A dimisión voluntaria e meditada durante un ano provoca o inicio dun expediente instruído polos técnicos municipais, cumprindo escrupulosamente a lexislación”, expresa Portas no escrito.

Es, dice Victoria Portas, “en ese momento” cando “volve ao seu posto anterior e a Alcaldía comunica á persoa que lla estaba ocupando, o cambio”. Ademáis, “iniciase un expediente para cubrir a praza de Inspector Principal, recollida no
catálogo de persoal do Concello e vacante na actualidade”. “Non se asina o Decreto ao rexeitar o posto a persoa con rango suficiente na plantilla da Policía Local para cubrilo”, engade.


DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí