Apertura formal da Travesía República Argentina. Hai só uns días fora inaugurada por parte das autoridades locais e hoxe pola presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, que estivo acompañada pola alcaldesa, María Ramallo, e varios concelleiros do goberno.
A actuación foi levada a cabo cun proxecto de reforma e apertura desta rúa que posibilita unha mellora substancial nesta contorna, cunha urbanización completa en canto ao cambio de servizos, iluminación, rede de sumidoiros, enerxía eléctrica e subministración de auga.
Foi necesario actuar no regacho que vai por baixo conforme ás directrices de Augas de Galicia e posibilitar unha mellora moi substancial nunha contorna maioritariamente urbana.
Realizáronse expropiacións, conseguiuse un ancho de 4 metros de calzada e máis de 2 metros e medio de beirarrúas conseguindo unha mellora na mobilidade para os peóns, a accesibilidade e o tráfico urbano que o utiliza con intensidade.
Desde o Concello din que «cara a anos que non se abría unha rúa en Marín e esta sen dúbida é unha mellora e unha transformación de todo esta contorna, moi edificado e urbanizado!.
Investíronse máis de 300.000 euros entre expropiacións e a execución das obras por parte da empresa Citanias e dirixida as obras por Estudo Tecnico SL que redactou o proxecto construtivo.