O próximo domingo 20 de novembro celébrase o día Mundial da Infancia e A Voz da Sanidade de Cangas celebrará este día lembrando á Xunta de Galicia que «non é un privilexio ser atendido por un pediatra na Atención Primaria na sanidade pública, máis ben é un dereito dos nenos e das nenas a recibir as atencións nunhas condición dignas».
Reivindicarase a recuperación da consulta de tarde no centro de saúde cun acto onde os nenos e nenas sexan protagonistas solidarios. Por isto, fan un chamamento público aos pais e nais para que se acheguen coas crianzas o domingo 20 de novembro entre as 12:00h a 13:00h ao centro de saúde con peluches, bonecos e xoguetes en bo estado para depositalos diante da porta principal do centro. Os xoguetes serán entregados aos nenos e nenas do Comedor Social de Cangas
A Voz da Sanidade de Cangas leva tempo denunciando o déficit na atención pediátrica na poboación infantil de Cangas tras o peche enttre os anos 2017 e 2018 de dúas consultas de pediatría: a de Aldán e a única de tarde no centro de saúde de Cangas.