IES Monte Carrasco de Cangas.

Concello de Cangas e comunidade escolar dos IES Monte Carrasco e María Soliño de Cangas reiteran a solicitude de reunión ás consellerías de Educación e de Mobilidade «tras dúas semanas tentándoo» pola «situación de discriminación que sofre o alumnado, educadores, persoal de servizos e familias» por non poder acceder en transporte público a estes centros «fronte aos que si gozan del no resto de concellos de Galicia». «Aquí non existen servizo de autobuses nin roteiros nos horarios lectivos máis aló do transporte escolar dos alumnos da ESO, deixando fose do transporte público aos alumnos de Bacharelato, ciclos formativos e demais membros destes institutos que se atopan a máis de 3,5 km do centro urbano».

Argumentan no escrito conxunto dirixido á Xunta que o Plan do transporte público de Galicia é un Plan que pretendía fomentar a mobilidade en todos vos núcleos de poboación en condicións de calidade e eficiencia; potenciar o uso do transporte público, e facilitar a intermobilidade, garantir ou acceso igualitario dous galegos e galegas a ou transporte público ea mobilidade da mocidade con transporte gratuíto ós menores de 21 anos.

A comunidade escolar reunida coa alcaldesa de Cangas para tratar a problemática do transporte.

No desenvolvemento do devandito plan, expoñen, aprobouse en xaneiro do ano 2020 o Proxecto de Explotación para o oeste da Comarca do Morrazo (Bueu e Cangas), documento clave XG852. O Proxecto a pesares de que di ter estudado os fluxos de transporte aseguran que «non valorou todas as casuísticas da comarca e por elo crea unha discriminación na que se atopa a mocidade/estudantes e o resto da comunidade educativa destes centros do noso concello».

Lembran que ao IES María Soliño ten neste curso 2022 -2023 un total de 55 alumnos/as nos Ciclos de FP e 201 en bacharelato, alumnado que acude ao centro dende as localidades do Concello de Cangas, e dende os concellos limítrofes de Bueu e Moaña por ser o único IES na zona que imparte as especialidades de Artes e tamén un ciclo de forma ción deportiva.

«O transporte escolar non soluciona a situación dos alumnos de Bacharelato e ciclos de FP do IES María Soliño», afirman. Os alumnos superan por moito as prazas ofertadas por Educación nas prazas valeiras do transporte da ESO. A falta de prazas motiva que os estudante afectados, unhas 100 a 200 persoas, deban utilizar outros medios ou contratar servizos discrecionais para garantir a asistencia ás aulas. Ese custe para as familias, actualmente supón en transporte discrecional de viaxeiros uns 49 €/mes neno/a desde o Hio e Cangas, e 10 € máis no caso das persoas que se achegan desde Moaña (59 €/mes/neno/a), imaxinen o custo mensual para unha familia con dous ou tres membros neses centros educativos. «Este sobre custe impide o cumprimento do dereito de acceso a educación en igualdade co resto do alumnado dos centros educativos galegos e da comarca», opinan dende a comunidade escolar dos centros e o Concello.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *