Reunión comarcal do PP onte á noite na sede do PP de Cangas. Asistiron os deputados provinciais, o presidente provincial, Luis López, a alcaldesa de Marín, María Ramallo, e os voceiros de Cangas, José Enrique Sotelo; Bueu, Elena Estévez, que tamén é deputada provincial; e Moaña, Vicente Verdeal.
Un encontro no que, Luis López aproveitou para pedir aos populares que intensifiquen, aínda máis, o seu traballo nos próximos meses. “Levamos traballando duro todo o mandato, e por iso temos que continuar en cada parroquia e en cada aldea”. Recordou que si hai un partido que aposte polo municipalismo ese é o Partido Popular, con concelleiros en todos os concellos da provincia e deputados provinciais en cada partido xudicial, dispostos a traballar e defender os intereses da veciñanza.
“Somos o partido que máis se parece á xente e non é por casualidade. É froito do traballo, de estar permanentemente na rúa, escoitando, interesándonos e preocupándonos polos nosos veciños. Se facemos as cousas ben, se traballamos duro estes meses e se estamos preto da xente, propondo e ofrecendo unha alternativa real, podemos lograr grandes resultados e garantir gobernos estables e fortes nos concellos”.
Orzamento da Deputación para os concellos
O Partido Popular advirte de que os orzamentos da Deputación para o ano 2023, que o Bipartito aprobará no pleno deste mes, non dan resposta ás necesidades e urxencias dos concellos e da cidadanía da provincia. Así o explicaron
Foi un encontro de traballo no que analizaron a situación da comarca. O voceiro do grupo provincial, Jorge Cubela, explicou que “a pesar de que van contar en 2023 con 11 millóns de euros máis, entre o aumento do orzamento provincial e os remanentes, para o Plan Concellos destinan a pedrea de 1 millón de euros e, ademais, reducen as transferencias para os concellos en case un 5%. “Non pode ser que todo o que sexa para gasto da Deputación aumente, incluídos os gastos de propaganda e autobombo de Carmela Silva e de César Mosquera, mentres que reducen a súa aportación aos concellos, con todas as dificultades e urxencias que estamos tendo”.
Ademais, os populares lamentaron a falta de empatía do Goberno provincial, e entenden que “estes orzamentos anticoncellos son un exemplo claro da desconexión absoluta que teñen cos concellos pequenos e medianos. Non pode ser que todo o que sexa para gasto da Deputación aumente, incluídos os gastos de propaganda e autobombo de Carmela Silva e de César Mosquera, mentres que reducen a súa aportación aos concellos, con todas as dificultades e urxencias que estamos tendo”.
Unha falta de apoio que, engadiron, tamén se estende aos colectivos culturais, ás entidades veciñais, sociais… “Están pechando as portas e o apoio a asociacións que fan un traballo fundamental e que, hoxe por hoxe, están atravesando moitísimas dificicultades. Sen estas axudas, é moi complicado garantir o mantemento e supervivencia de todo o tecido asociativo da provincia”. No que respecta a Cangas, Cubela recordou que o Monte do Facho continúa totalmente abandonado por parte da Deputación de Pontevedra e lamentou que acaben de inaugurar as obras que fixeron na estrada provincial Viso-O Hío con seis anos de retraso. Nesta liña, recordaron que este foi un dos proxectos paralizados por Carmela Silva cando chegou ao Goberno da Deputación de Pontevedra, “e que foi pelexado e reclamado en numerosas ocasións polos veciños do lugar e polo PP local”.