Unha das rotondas principais de Marín, con iluminación do Nadal.

As bases están dispoñibles na web do Concello, no enlace concellodemarin.es/nadalmarin. En total, repartiranse 2.400 euros en premios para os gañadores

O próximo 10 de decembro remata o prazo para participar no III Concurso de Decoración do Nadal, co que se pretende promover a creatividade durante o Nadal, fomentando o aspecto artístico e o carácter tradicional desta festividade. A decoración deberá estar exposta dende ese mesmo día e ata o día 6 de xaneiro de 2023 e será feita con adornos típicos do Nadal. Ademais, é imprescindible que sexa totalmente visible dende a vía pública. Non se poderá participar nas tres categorías de forma simultánea.

Poderán participar no concurso vivendas, comunidades de propietarios de edificios, hostalería, comercios e/ou negocios que estean ubicados no termo municipal de Marín. Para iso, será preciso encher a solicitude que se atopa ao final das bases, presentándoa ou ben por sede electrónica ou ben no Rexistro municipal. O prazo para inscribirse remata o 10 de decembro de 2022 (incluido).

No caso dos comercios e/ou negocios e á hostalaría, valorarase en conxunto o mellor escaparate e exterior do establecemento, co ambiente propio das festas, utilizando elementos tradicionalmente de Nadal, iluminación da instalación e composición. Os obxectos de venda que se atopen nos escaparates poderán ser cambiados durante este periodo, sempre que non se modifique a decoración do escaparate.

Con respecto ás comunidades de veciños e ás vivendas unifamiliares, os criterios de valoración serán os mesmos pero tendo sempre en conta a esixencia de que as decoracións coas que se participan sexan totalmente visibles dende a vía pública.

En todos os casos, terase en conta que a parte lumínica sexa de tecnoloxía LED, co fin de incentivar o aforro enerxético.

Premios
Establécense os seguintes premios por categoría e modalidade:
1o.- COMERCIO
1o PREMIO: 300€.
2o PREMIO: 200€.
Sorteo entre tódolos participantes, excepto os gañadores, nesta modalidade por valor de 100€.
2o.- HOSTALERÍA
1o PREMIO: 300€.
2o PREMIO: 200€.
Sorteo entre tódolos participantes, excepto os gañadores, nesta modalidade por valor de 100€.
3o.- VIVENDA
3.1.- COMUNIDADE DE VECIÑOS DE EDIFICIO.
1o PREMIO: 300€.
2o PREMIO: 200€.
Sorteo entre tódolos participantes, excepto os gañadores, nesta modalidade por valor de 100€.
3.3.- VIVENDA UNIFAMILIAR
1o PREMIO: 300€.
2o PREMIO: 200€.
Sorteo entre tódolos participantes, excepto os gañadores, nesta modalidade por valor de 100€.

O fallo do xurado darase a coñecer o 26 de decembro e notificaranse os premiados a través da web municipal, as redes sociais e o taboleiro de anuncios.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *