Hoxe, as concelleiras de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, e de Turismo, Cristina Acuña, recolleron en Santiago os distintivos de Sendeiros Azuis para a Ruta de Montes e Praias, a Ruta dos Cinco Miradoiros e o Vial de Praias.
De novo, Marín revalida estes importantes distintivos que demostrana calidade dos nosos roteiros, a importancia medio ambiental do seu coidado e o compromiso constante do Concello no seu mantemento, para que así poidan ser desfrutados e aproveitados tanto pola veciñanza como polos visitantes que se achegan á vila para coñecela.