Dende a formación instan ao goberno municipal a adecentar estes espazos municipais de cara ao Día dos Difuntos
En vesperas da Festividade de Tódolos Santos así como da conmemoración do Día dos Defuntos que se celebrarán os próximos 1 e 2 de novembro, festas que estan rodeadas de costumes e tradicións que se practican dende fai séculos, como as visitas aos cemiterios, o Partido Popular de Cangas quere ser testemuña do estado no que se atopa o Cemiterio Municipal da Parroquia de Coiro.
É certo que neste últimos meses houbo obras de rehabilitación no dito cemiterio cun orzamento de 167.350.68 euros, según amosa o cartel informativo na entrada do propio Cemiterio, pero lamentan que «ese orzamento se invertira, case exclusivamente, en botar cemento e máis cemento en ditas instalacións, sen ter en conta outros aspectos de vital importancia como a mellora dos accesos, corrixir a perigosidade da rampa actual que une a
parte antiga coa zona nova, ou o remate e adecuación da zona nova onde os nichos, hoxe, están en estado de abandono e tomados literalmente polas malas herbas».
Dende a formación política, non entenden a qué se refire o cartel cando fala de que con esta obra trátase de coidar a vida e a saúde das persoas, de construir un entorno máis saudable, sustentable e amable. «Non entendemos por qué non hai unha simple rampa de acceso para que poidan achegarse máis doadamente as persoas de idade, ou aquelas que teñen
calquera dificultade ou problema de mobilidade. Non entendemos como a ninguén se lle ocurriu, poñer un pouco de equilibrio e armonía en medio de tanto cemento e integrar algunha zona verde, na que se puidera colocar un banco que permita un momento de reposo para aquelas persoas que o precisen. Por qué despois de tanto investimento nos sentimos defraudados/as», expresan. «Este non é o mellor exemplo de rehabilitación», consideran os populares e «tampouco as zonas nas que se traballou quedaron realmente limpas e ramatadas. Facendo un simple percorrido polo cemiterio, e xa dende a propia entrada, podemos percatarnos da cantidade de eivas e restos de materiais de obra que xa non deberían estar ahí».
Dende o Partido Popular de Cangas piden aos responsables do goberno municipal que poñan solución a todo isto antes de que cheguen estas datas tan significativas para moitos.