O 4 de setembro será a tradicional festa de presentación e abrirá o prazo para a inscrición de participantes do 7 ao 18 de setembro
As Escolas Deportivas Municipais volverán co arranque do curso académico, para oder fomentar e achegar unha ampla oferta deportiva á rapazada de Marín. Aínda que será o venres 4 de setembro cando se faga a tradicional presentación oficial das escolas, o concelleiro de Deportes, Antonio Traba, xa adiantou cales serán as modalidades que se ofertarán este ano, que son:


O procedemento de inscrición é o mesmo ca en anos anteriores. O prezo da actividade para o participante será de 55 euros para todo o ano (desde o 1 de outubro ata o 31 de maio), que deberán abonarse directamente ao club ou entidade organizadora, segundo a forma de inscrición establecida por cada un e da que se informará no evento de presentación.
Tamén será neste evento no que se repartan os impresos de inscrición, que tamén estarán a disposición das entidades organizadoras durante o prazo de inscrición, que irá do 7 ao 18 de setembro. Asemade, poderá accederse a eles a través da web do Concello de Marín.

