As entradas, que son gratuítas, poderán recollerse na Ofi cina de Turismo do Auditorio desde mañá a ata o venres, en horario de 10.00 a 13.30 e de 17.00 a 21.00h. Poderán collerse tres por persoa
A Gala do Ballet de Galicia de colofón do Summer Intensive levado a cabo nas instalacións do Auditorio será unha cita imperdible para este sábado, 29 de agosto.
Celebrarase ás 20.00 horas no Patio de Butacas do Auditorio e aínda que a entrada é gratuíta e libre, desde o Concello e o Ballet de Galicia confi gurouse un sistema de reserva de entradas para facilitar a asistencia e mellorar a fl uidez, evitando grandes colas de espera.
Así, poderán recollerse previamente entradas para a actuación na Ofi cina de Turismo, ubicada no Auditorio, desde mañá, martes 25, ata o venres, 28 de agosto, en horario de 10.00 a 13.30h e de 17.00 a 21.00h.
Poderanse recoller máximo tres entradas por persoa e será obrigatorio estar antes das 19.50 horas nos asentos asignados. A partir desa hora, liberaranse os asentos reservados para acceso libre, por orde de chegada e ata completar aforo antes do inicio da función.
A sexta gala do verán do Ballet de Galicia será unha exposición de todo o aprendido e ensaiado por parte dos e das bailarinas que formaron parte da primeira residencia artística desenvolta nas salas polivalentes do Auditorio, un curso intensivo de danza clásica e contemporánea onde participaron nenos e nenas de distintos puntos de España e de Latinoamérica, facendo de Marín un referente na creación artística.

