O artista galego encabeza o cartel do Mambo Festival, que se celebrará o venres 28 a partir das 22.30 horas no Parque Eguren
Aínda que estes días a chuvia forma parte da previsión meteorolóxica, parece que respectará a última gran festa do verán musical de Marín. O Mambo Festival chega este venres ao Parque Eguren cun dos nomes revelación da música urbana en Galicia: LG1DO.
Xunto a el, estarán animando musicalmente a noite os DJ Anxo Silva, DJ Sü, Carlos Trini e Samu Peixe. A festa comezará 22.30h, coa actuación de LG1DO ás 00.00h.
LG1DO, o cabeza de cartel
Con apenas 18 anos e desde Santa Comba, o galego melódico deste músico fai que arrase en cada actuación que leva feito este verán. O seu primeiro lanzamento “Frente a frente” foi un éxito inesperado e a súa canción, “Darche”, rápido alcanzou o 4o posto viral de Spotify España.
Novo, inquedo e en plena exploración de sons, cada vez estase a facer máis coñecido no territorio galego por unha proposta fresca e moi cercana ao seu público, consolidade no seu album “Sobresaliente”.

