O alcalde de Vilaboa, o socialista César Poza, contesta as acusacións do PP sobre o pago de 660.000 euros sen facturas que xustifiquen o seu destino. O portavoz do grupo municipal popular anunció onte que o Consello de Contas de Galicia abreu un proceso de fiscalización e investigación da xestión económica-financeira do Concello por este motivo. Sin embargo, o rexidor nega ter comunicación algunha deste órgano. «Nós non temos ningunha noticia do Consello de Contas, aquí non se cometeu ningunha ilegalidade, estamos máis que tranquilos», contestou hoxe as preguntas da prensa sobre o asunto.
Explicou que o que se fixo foi un «axuste contable» para regularizar unha situación» pasada cando a dixitalización no Concello non era tan avanzada como neste momento e que «non implicou novos pagos».
Ademais, engade Poza, que «non existen informes de Intervención que apuntasen a que se estivese cometendo un delito» e que cree que «o PP estea máis preocupado por manchar o nome de persoas que estiveron neste Concello» que de «facer acusacións reais». «Si fose certo, o Concello estaría intervido pola Policía», dixo.