Ponse a disposición de todo o mundo a web www.entroidodecobres.com para cumplir con un dos requisitos obrigados para ser declarada Festa de Interese Turístico Nacional
O Entroido de Cobres cruza a fronteira real e tamén a virtual. Faio a través da web www.entroidodecobres.com, unha xanela que ademais de levar un anaquiño da cultura popular de Vilaboa a calquera recuncho do mundo, tamén permite «dar os primeiros pasos» para cumprir cun dos requisitos imprescindibles para que poida ser declarada Festa de Interese Turístico Nacional.
Este portal está dispoñible en tres idiomas (español, galego e inglés) e será accesible para persoas con problemas de visión e de xordeira, ademais de contar cunha linguaxe inclusiva. Como explicou tanto alcalde, César Poza, como a concelleira de Promoción Económica, Carmen Gallego, será unha web «viva» porque incluirá toda a información relacionada co Entroido de Cobres que vaia xurdindo: historia, fotos, audios coas danzas, novas de prensa, vídeos… Todo, baixo unha imaxe corporativa pensada e ideada a conciencia e representada por unha xoia artesanal e representativa como son os chapeus que portan as madamas e as galáns.
O Entroido de Cobres xa conta co distintivo de Festa de Interese Turístico de Galicia, pero para a Asociación Cultural Cobres, obter un recoñecemento nacional sempre foi un soño que parecía «inviable» pero que coa colaboración do Concello pode ser unha realidade. Polo menos, explican, están a darse os pasos e poñendo as ferramentas para poder conseguilo. A deliberación non se coñecerá ata, polo menos, dous anos, un tempo no que Asociación e goberno local da man deberán ir cumprindo requisitos para ser FITN.
Máis de 60 persoas danzando
Lida Peleteiro e Dani Somoza, presentes hoxe na presentación, pertencen á directiva da Asociación e son só dous das máis de 60 persoas que participan das danzas do Entroido. Os seus ensaios arrincaron xa en novembro, pero por diante quédalles unha apertada axenda para lograr o obxectivo da internacionalización e da difusión mediática. Nos próximos días viaxarán a Portugal, en febreiro estarán presentes en FITUR e na axenda teñen, por agora, unha cita en Cantabria. Isto é só o inicio, aínda que a estrela son os propios días de celebración do entroido na súa terra nativa, as parroquias de Santa Cristina de Cobres e San Adrián de Cobres, de aí o seu apelido, a principios do XVIII.
O Concello é consciente de que durante estes dous anos de traballo necesitaranse recursos económicos para poder facer fronte ás bases do distintivo. «A medida que pasa o tempo teremos que ir investindo máis, pero iso non será un problema porque o noso apoio é incondicional», precisou o alcalde.