O alcalde e a deputada hoxe na estrada PO-264.

Leticia Gallego cualifica de “tomadura de pelo” que os únicos orzamentos incluídos polo goberno galego para a vila sexan os mesmos 100.000 euros que deixaron sen executar do ano pasado

A viceportavoz do Grupo Socialista Leticia Gallego e o alcalde de Vilaboa, o socialista César Poza, presentaron hoxe as emendas aos Orzamentos da Xunta para o ano 2024 nas que reclaman actuacións por un importe de 6,2 millóns de euros en infraestruturas fundamentais para a vila pontevedresa.

Os socialistas reclaman a ampliación do peirao de San Adrián, que suporía un investimento de 3 millóns de euros, así como 500.000 euros para a reforma da PO-264 ou o abastecemento de auga en zonas urbanizables, que suporía 600.000 euros adicionais. Tamén reclaman 600.000 euros para a substitución da cuberta do CPI Toural e un millón de euros para a reforma e ampliación da Casa do Concello.

A parlamentaria socialista considera unha “tomadura de pelo” que o goberno galego unicamente destine a Vilaboa 100.000 euros dos Orzamentos máis altos da historia da Comunidade Autónoma, e que ademais son as mesmas partidas que deixaron sen executar este ano, incluíndo tan só 100.000 euros para a ampliación de atraques en San Adrián de Cobres e apenas 10.000 euros para a remodelación do porto de Santa Cristina.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *