A Anpa critica o recorte de tres docentes na ESO por parte da Xunta
Varias deceas de padres concentráronse hoxe convocados pola Anpa no exterior do CPI O Toural de Vilaboa polos recortes que leva a cabo a consellería de Educación para este curso escolar 2021-2022. Concretamente, critican a supresión de tres docentes para o ciclo da ESO porque «a redución do profesorado terá consecuencias directas na organización dos grupos da ESO, aumentando o número de aluno/as en cada grupo e a imposibilidade de facer desdobres e atención personalizada».
Ademáis, están convencidos de que as consecuencias deste tipo de medidas por parte da Consellería de Educación «teñen un efecto inmediato como a caída dos resultados académicos debido á masificación das aulas».
Esta mañá a concentración foi no colexio e esta tarde repetirase ás portas do Concello de Vilaboa.