Visita da delegación canaria a Vilaboa para visitar o sistema de composteiros.

Reparte 300 novos composteiros que se suman aos 1.224 distribuidos xa nos fogares do municipio para apostar pola reciclaxe en orixe

O Concello de Vilaboa afianza a súa aposta pola reciclaxe cun reforzo do servizo de préstamo de biotrituradoras, adquiridas grazas á subvención de residuos da Xunta e cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder). Esta axuda permitiu ao Concello adquirir tres novas biotrituradoras, maquinaria que estacionalmente conta cunha forte demanda para desfacerse de restos de poda e ramas de ata 7 centímetros de diámetro.

Se algún veciño ou veciña de Vilaboa a precisa, o Concello préstalla durante un periodo de 7 días para que realice os traballos de trituración co obxectivo de tratar os restos verdes no lugar de xeración como alternativa complementaria ao seu traslado ao punto verde, situado no Monte do Cabalo. Quen precise utilizar unha biotrituradora só ten que pedirlla ao Concello a través do número de teléfono 986 708215 ou a través do correo electrónico composteiros@vilaboa.org.

O Concello continúa tamén co reparto dos 300 composteiros adquiridos con esta mesma subvención e que teñen como destino os fogares de Vilaboa que así o soliciten, aos que chegarán coa ferramenta necesaria para o seu manexo.

Vilaboa repartiu xa 1.224 composteiros, o que da cobertura ao 60% das vivendas
habitadas. O reparto dos novos contenedores mercados permitirá ampliar esta porcentaxe ao 72% avanzando no obxectivo da reciclaxe en orixe.

O alcalde de Vilaboa, César Poza, apunta que para conseguir unha xestión eficaz do lixo, “económica e ambientalmente sostible” é imprescindible “a participación e
implicación da ciudadanía”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *