Acto de benvida ás mulleres esta mañá.

A concelleira de Promoción Económica, Beatriz Rodríguez, deulles a benvida e animounas a aproveitar todas as accións individuais, que lles permitirán mellorar as competencias en materia de empregabilidade

A concelleira de Promoción Económica, Beatriz Rodríguez, acompañada polo Axente de Emprego Local e polos orientadores laborales do Programa Integrado de Emprego, deu hoxe pola mañá na Biblioteca Vidal Pazos a benvida ás 100 mulleres que están en situación de desemprego e que participarán desta iniciativa, que procura mellorar a súa inserción laboral.

O programa integrado de emprego Concello de Marín desenvolverá, con carácter obrigatorio as seguintes accións: información, orientación e asesoramento, formación, técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea, habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista, fomento da capacidade emprendedora, prácticas profesionais non laborais, prospección empresarial, emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes e mobilidade laboral.

En todo momento, os itinerarios serán totalmente personalizados e adaptados á realidade persoal de cada unha das mulleres, adaptándose aos seus horarios e necesidades. Para superar o programa, deben facer, polo menos, cinco accións individuais de aquí a setembro e asistir a tres accións colectivas, co resto de participantes. Por cada unha das asistencias a esas accións, recibirán 10 euros.

Este programa está subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, por importe de 176.000 €, aportando os 44.000€ restantes o Concello de Marín ata completar os 220.000 € de orzamento máximo que tería o programa, sendo as presentes subvencións financiadas a través dos fondos finalistas do Servizo Público de Emprego Estata

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *