Los niños disfrutando del parque acuático.

A renda anual mínima é de 2.441 euros e sairá por dous anos, cunha prórroga máxima doutros dous. A licitación subirase a próxima semana á Plataforma de Contratos do Sector Público e poderá presentase calquera persoa interesada

O Concello de Marín sacará a explotación local da punta do Paseo Alcalde Blanco, de 151,20 metros cadrados, como cafetería-restaurante en réxime de arrendamento. Tal e como explicaron fontes municipais, a forma de adxudicación será por concurso público, polo que calquera persoa interesada poderá presentar a súa oferta.

A renda anual mínima que servirá de base para a licitación estableceuse nos pregos dacordo co disposto na concesión outorgada pola Autoridade Portuaria, resultando en 2.441,88 euros, que deberá ser mellorada en alza polos licitadores. O prazo de duración do arrendamento será de dous anos, con posibilidade de prórroga de ata dúas anualidades máis.

A próxima semana xa se colgará a licitación na Plataforma de Contratos do Sector Público e haberá 10 días naturais de prazo para que se presenten aqueles que teñan interese en explotar este local, que revitalizou e dinamizazou enormemente o Paseo Alcalde Blanco, desde a súa construcción na reforma realizada hai dous anos.

Tal e como se recolle nos pregos, será por conta da persoa adxudicataria a adecuación interior do local para a realización da actividade, así como a asunción dos gastos de mantemento que se xeren, incluido o abono da taxa de actividade á Autoridade Portuaria, xa que é a propietaria dos terreos. Unha vez que a arrendataria leve a cabo a adaptación do local, estará obrigado a mantelo en perfectas condicións. No caso de realizar obras, estas revertirán á titularidade do Concello.

Ademais, será a persoa arrendataria a encargada de facer as obras de reforma, reparación, conservación e mantemento que sexan precisas, sempre coa previa autorización do Concello. Tamén deberá encargarse da limpeza da zona circundante.

O arrendamento só inclúe a explotación do interior do local. No caso de que interese dispoñer dunha terraza no exterior, deberá ser solicitado o permiso á Autoridade Portuaria, que será a que cobre a taxa correspondente.

O local abrirá diariamente, co horario de apertura e peche que se establece na normativa autonómica. Poderá permanecer pechado por vacacións durante un mes ao ano, fóra do período estival (maio-setembro, ambos inclusive).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *