Perfecto Rodríguez e Victoria Portas nas instalacións da esola no Hío.

A Xunta de Galicia e o Concello de Cangas colaboran na mellora da escola infantil pública autonómica do Hío antes do inicio do curso. No día de hoxe , o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, xunto coa alcaldesa, Victoria Portas, visitou o centro no que se investiron máis de 20.000 euros este verán para a renovación das cinco aulas que ten a instalación e a actualización de diferentes espazos como a sala de usos múltiples, entre outros aspectos.

Perfecto Rodríguez explicou que, de igual xeito que se fixo o ano pasado coa escola infantil A Choupana, na que se investiron máis de 50.000 euros para acondicionala; Xunta e Concello coordínanse para continuar mellorando servizos de grande importancia para as familias do municipio. Neste caso, a maior parte do investimento, máis de 13.000 euros, achégaos o Goberno galego, e os 6.000 euros restantes, así como a execución dos traballos, corre a cargo da Administración local. Con este importe, ademais da renovación de espazos, tamén se realizaron actuacións de impermeabilización dos canos existentes, a reposición de elementos danados na cuberta e a instalación de herba artificial no patio exterior.

Acordos de fai xa tres anos

Pola súa parte, a rexidora lembra que esta actuación está enmcarcada «dentro dos acordos que acadamos fai xa tres anos co Consorcio, cando era concelleira de Servizos Sociais». Nese momento «quedouse en realizar obras cada ano a ambas escolas infantiles xa que estaban nunha situación lamentable». Desde ese intre, no 2020 realizaranse obras na Escola infantil do Hio por valor de  case 50.000 euros e no 2021 as obras realizaronse na Choupana. Este ano 2022 voltaron ao Hio «para darlle un empurron a unha escola que precisa de moito cariño».

As obras actuais constan de dúas partes diferentes. A do interior, que constaba tal e como indica a memoria para a mellora de mantemento, consistiu no arranxo da cuberta e pintado de interior, ademais dos solos pois a súa situación era moi deficiente. Todo por valor de 20.291,74 euros, donde o Consorcio acorda compensar o valor de 13.340,47 euros (IVA incluído) e outra parte que foi o adecentamento do patio exterior con tepes artificial como espazo para que a rapazada poida xogar sen os problemas que existían. Esta segunda parte de arreglo ascendeu a 16.716,27 euros. Ambas partes a cargo do Concello.

O xerente do Consorcio e a Alcaldesa, en 2021, na escola infantil da Choupana.

Outras actuacións

O xerente do Consorcio recordou que esta obra na escola infantil do Hío se suma a outra que se realizou hai apenas dous anos neste mesmo centro. No 2020 Investíronse preto de 40.000 euros no aumento das condicións de seguridade e no acondicionamento do illamento térmico; así como na substitución de pavimentos da zona exterior, e na limpeza e pintado do patio de xogos.

Perfecto Rodríguez salientou o conxunto de melloras que realiza a Xunta de Galicia nos meses de verán nos centros da rede pública autonómica para garantir as mellores condicións para os pequenos neste novo curso. As escolas infantís da Choupana e O Hío retomarán a súa actividade o día 5 de setembro.

Cómpre recordar que este setembro inicia un curso histórico no que a Xunta de Galicia pon en marcha a gratuidade para todos os fillos en todas as escolas infantís, sexan da titularidade que sexan. Esta medida pioneira en España permitirá que as familias galegas poidan aforrar entre 1500 euros e 2000 euros ao ano por fillo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *